Arquivo para Febrero 15th, 2017

CONCURSO PLAZA DE ARMAS. FERROL. COMUNICADO DO CONCELLO DE FERROL

Posted by / 15th Febrero 2017 / Categories: Concursos, Delegación Ferrol / 0 Comments

“Nestes momentos e para darlle maior seguridade xurídica ao concurso, modificáronse as bases en relación coa composición do Xurado. De modo que non sexa necesario a asistencia de todos os seus compoñentes para poder fallar o concurso. Proximamente serán aprobadas polo Concello de Ferrol en Xunta de Goberno Local.

Por outra banda e para reforzar os condicionantes urbanísticos sobre a Praza xa recollidos no prego que rexe o concurso, procedeuse a emitir un informe técnico por parte do equipo redactor do PXOM de Ferrol e do PEPR da Magdalena en relación coa non obrigación de expor un aparcadoiro subterráneo na Praza de Armas. Todo iso para poder dar maior seguridade xurídica ao proxecto que resulte gañador no fallo que terá lugar en próximas datas.

Actualmente estase á espera da publicación no BOP dos membros definitivos do Xurado. Unha vez publicada esta modificación convocaremos ao xurado para a resolución do concurso, o cal se informará oportunamente”

Continuar lendo →

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies

Visítenos en FacebookVisítenos en Twitter