Arquivo para diciembre 5th, 2016

Xunta Xeral ordinaria de 21 de decembro: orzamento e cotas colexiais para o 2017 e aprobación da modificación da “Guía de tramitación de traballos profesionais”

Posted by / 5th diciembre 2016 / Categories: Uncategorised / 0 Comments

Infórmase da publicación da circular 36/2016 que informa da aprobación pola Xunta de Goberno na súa sesión 16/2016 de 30 de novembro acordou a aprobación do Orzamento colexial e a proposta de cotas para o exercicio 2017 e a súa elevación á Xunta Xeral ordinaria a celebrar o vindeiro 21 de decembro para a súa aprobación definitiva.

Por outra parte, a Xunta de Goberno na referida sesión, en aras a mellorar a “Guía de tramitación de traballos profesionais”, aprobada provisionalmente pola Xunta Xeral de 21 de setembro de 2016, en orden á súa simplificación, a redacción mais clara dos conceptos a aplicar, a corrección de erros detectados, una mellor modulación de prezos variables e axuste de prezos fixos que implica unha redución xeneralizada do prezo de visado, a eliminación do cobro pola tramitación das comunicacións de encomenda e correccións básicas motivadas por requirimentos notificados das Administracións Públicas, así como, correspondendo ao compromiso tomado coa súa aprobación provisional de revisar os visados emitidos baixo a guía provisional, acordou aprobar a modificación da “Guía de tramitación de traballos profesionais” e elevala á referida Xunta Xeral ordinaria para a súa aprobación definitiva.

Para consultar os acordos completos e a documentación relativa a todos os asuntos a tratar na Xunta Xeral poderase consultar o seguinte ENLACE

Continuar lendo →

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies

Visítenos en FacebookVisítenos en Twitter