Arquivo para Septiembre 30th, 2016

Día Mundial da Arquitectura, 3 de outubro de 2016. Deseñar un futuro mellor

Posted by / 30th Septiembre 2016 / Categories: Uncategorised / 0 Comments

O Colexio de Arquitectos de Galicia celebra o próximo luns, 3 de outubro, o Día Mundial da Arquitectura baixo o lema “Deseñar un futuro mellor”, de acordo á convocatoria anual que fai a Unión Internacional de Arquitectos (UIA), organización que representa a 1,3 millóns de arquitectos de todo o mundo. Fronte a un maior número de desafíos mundiais, o papel da arquitectura, do urbanismo e da concepción arquitectónica é cada vez máis decisivo na construción dun futuro mellor.

Seguindo esta pauta, as sete delegacións galegas do Colexio de Arquitectos de Galicia mobilízanse co propósito de promover o papel dos arquitectos e a súa contribución para aliviar o sufrimento humano e facer fronte aos retos mundiais, así como para mellorar a calidade de vida da cidadanía. Organizarán para a Semana da Arquitectura diversas actividades orientadas a fomentar o gran potencial da arquitectura e do ordenamento urbano e para afrontar o cambio climático e divulgar unha mensaxe sólida, pertinente e accesible.

Así mesmo, en caso de ter interese por consultar as actividades a realizar en cada un dos Colexios de Arquitectos de España, pódese obter a información na web do CSCAE no seguinte ENLACE

Continuar lendo →

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies

Visítenos en FacebookVisítenos en Twitter