Arquivo para Mayo 16th, 2016

Xornada técnica Graphenstone

Posted by / 16th Mayo 2016 / Categories: Uncategorised / 0 Comments

GRAPHENSTONE e DISPAINT organizan estas xornadas técnicas de presentación sobre “O grafeno en revestimentos e morteros de cal, solucións flexibles, resistentes, transpirables, anti fungí, anti condensación e conductivas” para os seguintes días: Continuar lendo →

Apertura do trámite de presentación de propostas de candidaturas aos Premios de arquitectura e rehabilitación 2016.

Posted by / 16th Mayo 2016 / Categories: coag, Cultura, Premios / Tags: , , / 0 Comments

Como se indicaba na circular 15/2016, a Xunta de Goberno na súa sesión 05/2016 de 3 de maio acordou abrir un procedemento previo para que os colexiados que estean interesados en participar poidan presentar as súas obras a ditos premios, para que posteriormente, a Xunta de Goberno colexial poda facer a revisión e selección previa por cada categoría, e poda elevalas como propostas do COAG ás deliberacións do xurado do concurso para optar sos diferentes premios.

Como se indicou na devandita circular, a forma de presentación da documentación das propostas, quedou pendente da concreción coa Xunta de Galicia dos aspectos técnicos que implica este trámite. Resolta esta cuestión, na circular nº 16/2016 se refiren as indicacións relativas á forma de presentación das propostas e demais cuestións de interese sobre este asunto.

Continuar lendo →

Xornada Deputación Lugo co COAG “A nova Lei 2/2016 do Solo de Galicia: aplicación práctica no rural”

Dende a área de Cooperación e Asistencia aos Concellos da Deputación de Lugo, na política de fomento e mellora constante dos nosos servizos prestados, e continuando coa implantación e desenvolvemento do Departamento de Asistencia Técnica Urbanística posto en marcha recentemente, somos conscientes de que nos últimos anos, o urbanismo, con todas as modificacións e novidades na súa Normativa de aplicación, e en especial a recente aprobación da nova Lei 2/2016 do Solo de Galicia, experimentou unha notable influencia no desenvolvemento das actividades económicas, industriais e sociais da nosa Comunidade e está no centro do debate público e político. Continuar lendo →

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies

Visítenos en FacebookVisítenos en Twitter