Arquivo para Mayo 4th, 2016

Relación de PLANEAMENTO. ABRIL de 2016

Posted by / 4th Mayo 2016 / Categories: Urbanismo / 0 Comments

Planeamento urbanístico publicado no mes de Abril de 2016 no Diario Oficial de Galicia, DOG e nos Boletíns Oficiais da A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, incluíndo os Plans con trámite de Avaliación Ambiental Estratéxica aberta, publicados na web da Xunta de Galicia.

Continuar lendo →

XORNADA ARQUITECTURAS DA AUGA

Posted by / 4th Mayo 2016 / Categories: Uncategorised / 0 Comments

O vindeiro venres día 6 de maio, ás 16.00 horas, na sala Emilia Pardo Bazán do edificio de Facultades (pranta soto, Edificio universitario, Campus Universitario As Lagoas s/n) da cidade de Ourense e en convenio coa Vicerrectoría do Campus de Ourense, celebrarase a xornada  ARQUITECTURAS DA AGUA.

Continuar lendo →

Fichas de dotación técnica municipal e estado do planeamento urbanístico de Galicia, actualizadas ao 30 de abril de 2016

Posted by / 4th Mayo 2016 / Categories: Asesoramento, Urbanismo / 0 Comments

Actualización da IUM (información urbanística municipal das catro provincias galegas). Novo informe colexial no que se reflicten os principais datos relativos ao estado urbanístico dos 314 concellos galegos: o seu plan urbanístico vixente principal, a afección ao caso da nova Lei 2/2016 do solo de Galicia; o seu estado de tramitación no caso de revisión do planeamento principal, o nome do equipo redactor; o nome, titulación e horario de atención ao público dos técnicos que atenden consultas urbanísticas; así como outros datos de interese de cada concello.

Para a súa elaboración solicitouse no seu dia, información telefónica en todos os concellos galegos, da FEGAMP, así como da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia.

Dita información substitúe a anterior de abril de 2011, e os novos datos pódense consultar permanentemente na seguinte ligazón. Calquera suxestión ou rectificación ao respecto, pódese comunicar á seguinte dirección: ium@colexiodearquitectos.org

Continuar lendo →

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies

Visítenos en FacebookVisítenos en Twitter