Arquivo para Mayo, 2016

Xornadas Técnicas SIBER. Actualización do DB-HE 2013. Aforro de enerxía e ventilación eficiente

Posted by / 31st Mayo 2016 / Categories: Uncategorised / 0 Comments

O recentemente aprobado Documento Básico DB-HE Aforro de Enerxía do CTE, engade unha sección HE-0 na que se limita o consumo final de enerxía primaria e modifícase o resto de documentos, pondo de manifesto deseñar o edificio cun adecuado Sistema de Ventilación Eficiente. Con esta nova edificación sustentable perséguese unha estratexia que achega grandes beneficios para todos os interlocutores e cun menor custo.
Nesta xornada centrarémonos en expor as distintas solucións de ventilación eficiente para edificios residenciais e non residenciais, tanto para proxectos de edificación nova como rehabilitación. Continuar lendo →

Patrimonio cultural e o Camiño de Santiago: protección e posta en valor

Posted by / 31st Mayo 2016 / Categories: Uncategorised / 0 Comments

Entre o 4 e o 9 de xullo o Grupo Compostela de Universidades organiza, xunto coa Universidade de Santiago de Compostela, o I CGU International Summer School “Patrimonio cultural e o Camiño de Santiago: protección e posta en valor”.
Esta actividade académica, interdisciplinaria e internacional, está dirixida a estudantes e profesorado das universidades do CGU e a persoas con interese en arte, arquitectura, lexislación, protección patrimonial e nas posibilidades económicas e turísticas do Camiño de Santiago. Continuar lendo →

CURSO INTENSIVO DE DESEÑO ARQUITECTONICO BIM CON REVIT

Posted by / 31st Mayo 2016 / Categories: coag, Concursos / Tags: / 0 Comments

Curso orientado a estudantes e profesionais do sector da construción, arquitectura, enxeñaría e deseño de interiores, interesados en coñecer o proceso de elaboración dun proxecto de execución de espazos arquitectónicos co software Revit Architecture de AUTODESK.

Continuar lendo →

Congreso sobre o presente e futuro do urbanismo español.

Posted by / 26th Mayo 2016 / Categories: Uncategorised / 0 Comments

A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística informa sobre a realización do Congreso Presente e Futuro do Urbanismo español que se celebrará na Escola Galega de Administración Pública, en Santiago de Compostela os videiros días 6 e 7 de xuño de 2016, no que intervirán relatores de recoñecido prestixio no ámbito do urbanismo.

Continuar lendo →

Grupo Puma. Xornada técnica. Illamento térmico ETICS | SATE e impremeabilización.

Posted by / 23rd Mayo 2016 / Categories: Uncategorised / 0 Comments

Grupo Puma é unha empresa que se dedica á fabricación de produtos e solucións técnicas para a construción. Entre todas as solucións que ofrecen, contan con solucións especifícamente dirixidas á reparación e rehabilitación de edificios.
O obxectivo da xornada é dar a coñecer aos técnicos asistentes algunhas das solucións dirixidas á reparación e rehabilitación de edificios, que poden resultar de interese e de aplicación aos seus proxectos. Continuar lendo →

Ourense. Olladas na rúa 23

Posted by / 23rd Mayo 2016 / Categories: Uncategorised / 0 Comments

01_OLLADAS NA RUA 23

Colexio dos Maristas.

VENRES 27 ás  19,00 h.

Cidadán: Francisco Javier Limia Gardón.

Arquitecta: Laura Baraja Regueira.

Os irmáns Maristas chegaron a Ourense no ano 1908 instalándose durante un breve espazo de tempo na segunda planta do actual edificio no que se sitúa o Restaurante San Miguel.. Despois de percorrer varios lugares, como o edificio que alberga a actual subdelegación de defensa na rúa do paseo, cesaron a súa actividade na cidade no ano 1932, regresando no ano 1954 e inaugurando no ano 1958 as que a día de hoxe seguen sendo as súas instalacións, na rúa Bedoya. Desde o punto de vista urbanístico esa edificación supuxo un revulsivo para a cidade de Ourense, considerándose como crucial para “ mover o centro da cidade” cara a esa zona, xerando entre outras, as rúas Valle Inclán e posteriormente Ramón Cabanillas.

Concurso de proxectos para a selección dun elemento identificativo para os colexios da Xunta de Galicia

Posted by / 20th Mayo 2016 / Categories: Concursos, Premios, Publicaciones, Publicacións, Uncategorised / 0 Comments

Lembramos que o vindeiro luns día 13 de xuño, ás 14:00 h remata o plazo para presentación de propostas ao referido concurso, por parte dos colexiados previamente inscritos no mesmo.

Lembramos, así mesmo, que a presentación de propostas deberase realizar a través web colexial, no seguinte ENLACE. A presentación pecharase automaticamente na hora sinalada. Neste sentido, recomendamos aos colexiados realizar a subida da documentación da proposta coa suficiente marxe respecto ao peche do prazo. Continuar lendo →

Nova Lei de Patrimonio cultural de Galicia

Posted by / 18th Mayo 2016 / Categories: Lexislación / 0 Comments

No Diario Oficial de Galicia do 16 de Maio publicouse a nova Lei 5/2016 de 4 de Mayo do Patrimonio cultural de Galicia.  Esta lei ten por obxecto a protección, conservación, acrecentamento, difusión e fomento do patrimonio cultural de Galicia. Derroga de forma expresa: a) A Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia: b) A Lei 3/1996, do 10 de maio, de protección dos Camiños de Santiago, e c) A Lei 12/1991, do 14 de novembro, de traballos de dotación artística nas obras públicas e Camiños de Santiago de Galicia. Entra en vigor  aos tres meses da súa publicación no DOG, e dicir o 16/08/2016

Continuar lendo →

Xornada técnica Graphenstone

Posted by / 16th Mayo 2016 / Categories: Uncategorised / 0 Comments

GRAPHENSTONE e DISPAINT organizan estas xornadas técnicas de presentación sobre “O grafeno en revestimentos e morteros de cal, solucións flexibles, resistentes, transpirables, anti fungí, anti condensación e conductivas” para os seguintes días: Continuar lendo →

Apertura do trámite de presentación de propostas de candidaturas aos Premios de arquitectura e rehabilitación 2016.

Posted by / 16th Mayo 2016 / Categories: coag, Cultura, Premios / Tags: , , / 0 Comments

Como se indicaba na circular 15/2016, a Xunta de Goberno na súa sesión 05/2016 de 3 de maio acordou abrir un procedemento previo para que os colexiados que estean interesados en participar poidan presentar as súas obras a ditos premios, para que posteriormente, a Xunta de Goberno colexial poda facer a revisión e selección previa por cada categoría, e poda elevalas como propostas do COAG ás deliberacións do xurado do concurso para optar sos diferentes premios.

Como se indicou na devandita circular, a forma de presentación da documentación das propostas, quedou pendente da concreción coa Xunta de Galicia dos aspectos técnicos que implica este trámite. Resolta esta cuestión, na circular nº 16/2016 se refiren as indicacións relativas á forma de presentación das propostas e demais cuestións de interese sobre este asunto.

Continuar lendo →

12

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies

Visítenos en FacebookVisítenos en Twitter