Arquivo para Marzo 29th, 2016

oferta de emprego

Posted by / 29th Marzo 2016 / Categories: coag, Emprego / Tags: , , / 0 Comments

Estudo de arquitectura en Ferrol, solicita arquitecto/a  para traballar a media ou xornada completa.

Continuar lendo →

Ourense. Olladas na rúa 21

Posted by / 29th Marzo 2016 / Categories: Uncategorised / 0 Comments

01_OLLADAS NA RUA 21

Instituto Otero Pedraio.

XOVES 31 ás  19,00 h.

Cidadán: Luis Martínez-Risco Daviña.
Arquitecto: Luis Pérez de Juan Romero.

O actual edificio Inaugúrase no ano 1896, e vai constituír sempre a súa actividade fundamental a de instituto, ou centro de ensino medio. ó longo de moitos anos pasarán polas súas aulas moitos rapaces que despois se convertirán en ilustres representantes da cultura galega como nolo poden testemuñar case tódolos membros da Xeración Nós. Como dato interesante hai que dicir que no curso 1904-05 atopamos xa as primeiras alumnas matriculadas.

En 1927 arde o Instituto. Afecta sobre todo á súa parte dianteira na que se situaba a Biblioteca, a Sala de Profesores, e a Escola de Artes e Oficios, quedando o material que había nestes departamentos inservible. Este feito provocará que despois da reconstrucción o edificio se vaia dedicando exclusivamente a Instituto.
Durante a guerra civil son expedientados varios dos seus catedráticos, como Otero Pedrayo e Rodríguez Bouzo, sendo algúns deles reintegrados ás súas cátedras a finais dos anos corenta.
Na década dos anos sesenta o instituto empeza a denominarse Instituto Feminino, debido á apertura dun novo centro no barrio da Ponte que se destinará para Instituto Masculino. Coa democracia volve a ser misto, pero sen a anterior separación de alumnos no baixo e alumnas no primeiro andar.

No ano 1997 inaugúrase o Polideportivo construído no antigo campo O Pompeo, collendo del a súa denominación.

Recentemente rehabilitouse o paraninfo devolvéndolle o vello edificio todolo seu esplendor..

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies

Visítenos en FacebookVisítenos en Twitter