Arquivo para 2016

Escrito ao Concello de A Coruña trasladando as demandas do COAG en relación coa convocatoria dun concurso de ideas para a rehabilitación da praza e o mercado de Monte Alto

Posted by / 3 octubre 2016 / Categories: Alegacións, COAGactua / 0 Comments

 Arquivos:

Recurso de reposición impugnando a licitación da Consellería de Infraestruturas e Vivenda para a contratación do proxecto básico e de execución das obras de rehabilitación integral do edficio administrativo na Rúa Benito Corbal de Pontevedra

Posted by / 21 julio 2016 / Categories: COAGactua, Recursos / 0 Comments

Data de inicio:21/07/2016

Data de finalización:29/08/2016

O pasado 21 de xullo o COAG interpuxo un recurso de reposición  impugnando a licitación da Consellería de Infraestruturas e Vivenda para a contratación do proxecto básico e de execución das obras de rehabilitación integral do edificio administrativo na rúa Benito Corbal de Pontevedra.

 Arquivos:

​Alegacións ao texto do anteproxecto do Regulamento para o desenvolvemento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do Solo de Galicia​

Posted by / 22 marzo 2016 / Categories: Alegacións, COAGactua / 0 Comments

Considerando as achegas formuladas dende os grupos de traballo das Delegacións do COAG e dos arquitectos traballadores do COAG, advertindo a diversidade de matices e posicións sobre o mesmo e considerando os reducidos prazos para o estudo dun documento tan complexo e á vez tan importante, compre formular, dende o COAG as suxerencias á redacción do REGULAMENTO DA LEI 2/2016, DO 10 DE FEBREIRO, DO SOLO DE GALICIA que figuran no seguinte documento:
http://www.coag.es/documentos/privado/institucion/actuaciones/rs-se16000079.pdf

Xornada nacional sobre patoloxía das humidades en edificación

Posted by / 17 octubre 2016 / Categories: Uncategorised / 0 Comments

As humidades estruturais provocan patoloxías nos edificios que poden chegar a ter consecuencias irreversibles para os cimentos e a estrutura dos mesmos. Por iso é polo que sexa un asunto de vital importancia para arquitectos e profesionais da construción.

Este curso – de dúas horas de duración – abordará que tipos de humidade estrutural son máis frecuentes na edificación: condensación, filtracións laterais e capilaridad. Desde distintos puntos de vista, explicaranse os perigos de cada patoloxía, a súa procedencia e posibles solucións definitivas. O proceso de diagnose é fundamental á hora de tratar problemas de humidade estrutural na edificación. Continuar lendo →

CONCELLO DE TUI. BOP 17/10/2016. CONVOCATORIA DE PROCESO DE SELECCIÓN.

Posted by / 17 octubre 2016 / Categories: coag, Emprego / Tags: / 0 Comments

O concello de Tui convoca proceso de selección para a configuración dunha lista de reserva para a provisión interina dunha praza de ARQUITECTO da Escala de Administración Especial, grupo A-1.

Continuar lendo →

Desestimado o recurso de reposición interposto polo COAG impugnando a licitación da Consellería de Infraestruturas e Vivenda para a contratación do proxecto básico e de execución das obras de rehabilitación integral do edficio administrativo na Rúa Benito Corbal de Pontevedra

Posted by / 10 octubre 2016 / Categories: Uncategorised / 0 Comments

O pasado 21 de xullo o COAG interpuxo un recurso de reposición  impugnando a licitación da Consellería de Infraestruturas e Vivenda para a contratación do proxecto básico e de execución das obras de rehabilitación integral do edificio administrativo na rúa Benito Corbal de Pontevedra.

Continuar lendo →

Oferta de Emprego

Posted by / 10 octubre 2016 / Categories: coag, Emprego / Tags: / 0 Comments

(data de publicación: 10 de Outubro de 2016)

Aura REE S.L. , Empresa dedicada a realizar valoracións inmobiliarias, busca a catro arquitectos expertos no mercado inmobiliario para actuar, cada un deles, nas provincias de A Coruña, Lugo, Orense e Pontevedra.

Continuar lendo →

Fallo do Concurso da Cidade da Xustiza de Vigo

Posted by / 5 octubre 2016 / Categories: coag, Comisións, Concursos, Uncategorised / 4 Comments

O 5 de outubro de 2016 ás 10:00 na sede do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, Delegación de Vigo, tivo lugar o acto público no que se deron a coñecer ao gañador e demais premiados do concurso e posterior apertura dos sobres A relativos a súa identidade, resultando premiados:

1º Premio e Gañador do concurso: Alfonso Penela Fernández
2º Premio: José Manuel Casabella López
3º Premio: Irisarri-Piñera, SLNEP / María del Pilar González Ferro / Jordi Castro Andrade / Paula Lago Pereira / Joana Covelo Alonso
1º Accésit: Jacobo Bouzada Jaureguízar
2º Accésit: Muñiz Mas Alfaya, SLP
3º Accésit: Juan Moya Moreno

Para obter máis información sobre o referido concurso, pódese consultar a páxina web específica do mesmo, no seguinte ENLACE Continuar lendo →

Día Mundial da Arquitectura, 3 de outubro de 2016. Deseñar un futuro mellor

Posted by / 30 septiembre 2016 / Categories: Uncategorised / 0 Comments

O Colexio de Arquitectos de Galicia celebra o próximo luns, 3 de outubro, o Día Mundial da Arquitectura baixo o lema “Deseñar un futuro mellor”, de acordo á convocatoria anual que fai a Unión Internacional de Arquitectos (UIA), organización que representa a 1,3 millóns de arquitectos de todo o mundo. Fronte a un maior número de desafíos mundiais, o papel da arquitectura, do urbanismo e da concepción arquitectónica é cada vez máis decisivo na construción dun futuro mellor.

Seguindo esta pauta, as sete delegacións galegas do Colexio de Arquitectos de Galicia mobilízanse co propósito de promover o papel dos arquitectos e a súa contribución para aliviar o sufrimento humano e facer fronte aos retos mundiais, así como para mellorar a calidade de vida da cidadanía. Organizarán para a Semana da Arquitectura diversas actividades orientadas a fomentar o gran potencial da arquitectura e do ordenamento urbano e para afrontar o cambio climático e divulgar unha mensaxe sólida, pertinente e accesible.

Así mesmo, en caso de ter interese por consultar as actividades a realizar en cada un dos Colexios de Arquitectos de España, pódese obter a información na web do CSCAE no seguinte ENLACE

Continuar lendo →

Concello de A Coruña: oferta praza de técnico/a superior de urbanismo

Posted by / 23 septiembre 2016 / Categories: coag, Emprego / Tags: , / 0 Comments

Concello de A Coruña: anuncio de convocatoria dun proceso de selección para a cobertura dunha praza de técnico/a superior de urbanismo para a execución dun programa temporal baixo a modalidade de funcionario/a interino/a Continuar lendo →

Visit Us On FacebookVisit Us On TwitterVisit Us On Instagram