Arquivo para Septiembre 21st, 2015

Ourense. Olladas na rúa 15.

Posted by / 21st Septiembre 2015 / Categories: Uncategorised / 0 Comments

Volvemos…. seguimos coas OLLADAS.

01_OLLADAS NA RUA 15

A Praza da Madalena.

Venres 25 de setembro, 19,00 h. Praza da Madalena.

Cidadan: Luis Orero Grandal.

Arquitecta: Elsa E. Borbujo Marín.

 

“O espírito da paz. Hai uns anos derrubouse aquí unha vella casa, caída ó chan como caen os soños cando esperta o día cheo de incertezas. Seica este lugar foi de antigo a claustra da igrexa de Santa María Madre; logo foi cemiterio medieval e aínda mercado dende mediados do século XIX. É a praza da Magdalena, para Xesús Ferro Couselo, que traballou ó seu carón, o curruncho máis romántico da cidade: é doado coincidir co egrexio arquiveiro. Tamén Vicente Risco se emocionou coa paz e a beleza do seu fermoso cruceiro, que procede da Alameda do Cruceiro. Segundo conta Afonso V. Monxardín no século XVII querían poñerlle portas en Santa María Madre porque, di unha carta ó Correxedor de 1624, ‘ las noches se cometen allí feos y graves pecados usando mal del lugar tan pío’. Hoxe é un dos centros simbólicos da nosa cidade histórica, aínda que moitos ourensáns o ignoren. Nin sequera os poetas lle prestaron os seus versos: é ben sorprendente. Pero tamén reclamo que nunca perda o espírito da paz que impregna a súa fisionomía, a lenta vaguidade das súas sombras e o fecundo silencio das súas pedras enchoupadas de eternidade.”

Marcos Valcárcel.

Oferta de emprego en Lugo

Posted by / 21st Septiembre 2015 / Categories: Uncategorised / 1 Comment

21/09/2015

UVE VALORACIONES, S.A., SOCIEDAD DE TASACIÓN homologada polo Banco de España, oferta colaboración para taxador urbano interesado en cubrir a provincia de Lugo, como taxador externo vinculado con contrato mercantil. Interesados poden enviarnos o seu currículo vitae a través da páxina de UVE:

http://v-valoraciones.es/226-2/contacto/bolsa-de-empleo/

Continuar lendo →

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies

Visítenos en FacebookVisítenos en Twitter