Arquivo para Agosto, 2015

Reapertura delegacións colexiais a partir do 31 de agosto excepto Vigo que volverá abrir a partir do 1 de setembro.

Infórmase que a partires do vindeiro luns 31 de agosto volverán a abrir ao público todas as delegacións colexiais nos días e horarios habituais, excepto a delegación de Vigo que o fará a partires do martes 1 de setembro.

Continuar lendo →

Listado de normativa xullo 2015, e informes de interese

Posted by / 7th Agosto 2015 / Categories: Asesoramento, Normativa / 0 Comments

legos

No seguinte enlace do apartado da normativa da web colexial, na súa marxe esquerda, os subscritores do servizo de Normativa, poden acceder ao listado e contido das novidades de normativa técnica, sectorial, subvencións e axudas, así como outras de interese, publicadas no mes de xullo de 2015, tanto no DOG e o BOE.

Tamén nos enlaces sequintes, poderán acceder os informes explicativos da asesoría técnica, referentes ao novo Decreto 106/2015, sobre contaminación acústica de Galicia, e aos aspectos da Lei estatal 20/2015, que na súa Disposición Final Terceira modificó a Ley 38/1999 de ordenación da edificación

Planeamento urbanístico. Xullo 2015

Posted by / 6th Agosto 2015 / Categories: Urbanismo / Tags: , , , / 0 Comments

Relación de planeamento urbanístico publicado no mes de Xullo de 2015 no Diario Oficial de Galicia, DOG e nos Boletíns Oficiais das provincias de Lugo e Pontevedra

Planeamento_Xullo_2015

Continuar lendo →

Aberto o prazo de matriculación para o Curso Superior de Técnico de Urbanismo COAG – EGAP 2015-2016

Posted by / 5th Agosto 2015 / Categories: coag, Cursos, Formación, Uncategorised / 0 Comments

Con data de hoxe, 5 de agosto de 2.015, publicouse no DOG a convocatoria oficial do Curso Superior de Técnico de Urbanismo que este ano organiza o COAG en colaboración coa EGAP. Pode consultarse o texto da convocatoria no seguinte ENLACE.

Como vos anunciamos hai unhas semanas, con esta convocatoria oficial ábrese o prazo de matriculación, que permanecerá aberto desde hoxe día 5 atao día 17 de setembro, ou ata esgotar as prazas dispoñibles. Continuar lendo →

Peche de delegacións do 10 ao 28 de agosto (ambos inclusive)

Posted by / 3rd Agosto 2015 / Categories: Axenda, coag / 0 Comments

Lembrase que, tal e como se anunciou na circular nº 26/2015, as delegacións colexiais permanecerán pechadas do 10 ao 28 de agosto (ambos inclusive). Excepto a delegación de Ferrol que permanecerá pechada do 30 de xullo ao 28 de agosto (ambos inclusive)

Esta medida ven determinada pola oportunidade de compatibilizar as vacacións do persoal cos períodos de menor actividade nas delegacións.

Non obstante, durante o período indicado permanecerá aberta a Sede colexial en Santiago de Compostela desde a que se seguirán prestando os servizos colexiais. Sen embargo, debido á redución de efectivos durante este período, indícase que é posible que os tempos de tramitación se incrementen respecto do habitual.

Laméntanse as molestias que esta medida poida causar.

Secretaría colexial

Continuar lendo →

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies

Visítenos en FacebookVisítenos en Twitter