Arquivo para abril 19th, 2015

Ourense. Olladas na rúa 12.

Posted by / 19th abril 2015 / Categories: Delegación Ourense, Uncategorised / 0 Comments

01_OLLADAS NA RUA 12

Venres 24 de abril. 19,00 h.  Sede do Bispado de Ourense. Miramos todos xuntos e contamonolo?

Cidadan: José Joaquín Borrajo Iglesias. Vicario do Bispado.

Arquitecto : Xan Rodríguez González.

Co inicio da expulsión dos Xesuitas no ano 1767, o edificio construído a continuación do pazo dos Marqueses de Valladares (actual Liceo) como convento desa orde, foi decaendo de xeito incitante. Para evitar esa perda, as autoridades eclesiásticas decidiron a instalación en parte do edificio do Seminario Conciliar, en torno a 1804, e que posteriormente acollería parte das instalacións do que sería o primeiro Instituto de Ensino en Ourense.
En 1888 e como ampliación do Seminario Conciliar o arquitecto José Antonio Queralt proxecta a actual sede do bispado de Ourense, tras un muro de peche que o delimitaría coas entón rúas Progreso e Pereira.
Todo este conxunto configura un interesante espazo urbano, do que a maioría dos cidadáns unicamente coñecemos a imaxe exterior dese conxunto arquitectónico

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies

Visítenos en FacebookVisítenos en Twitter