Arquivo para Febrero 10th, 2015

Cursos Cumplimento da limitación de consumo e demanda enerxética paso a paso

Posted by / 10th Febrero 2015 / Categories: Sin categoría / 1 Comment

Como consecuencia da obrigatoriedade do cumprimento do Novo Documento Básico DB HE(Aforro de Enerxía) do Código Técnico da Edificación (CTE) a partir do pasado 13 de marzo de 2014, os programas Lider e Calener unificáronse nunha única ferramenta informática que serve para a xustificación das distintas Seccións do Documento Básico HE, especialmente as Seccións HE0 e HE1 mediante a Opción Xeral, así como para realizar o procedemento de cálculo da cualificación de eficiencia enerxética dos edificios. Continuar lendo →

Lista da Axencia Tributaria de Galicia 2015

Está dispoñible, para a súa consulta, a lista de Arquitectos terceiros taxadores que se remitiu á Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA) para este ano 2015, logo da convocatoria publicada no DOG o 21 de xaneiro. Pódese acceder a través do seguinte ENLACE.

Continuar lendo →

Xornada HARO pavimentos de madeira

Posted by / 10th Febrero 2015 / Categories: Sin categoría / 0 Comments

Haro, empresa lider no sector empresarial de pavimentos, organizas nas Delegacións de Vigo e A Coruña estas xornadas co obxecto de dar a coñecer entre os colexiados os seus produtos e diferentes solucións de pavimentos en madeira. A xornada ten unha duración de 1 hora e media, e ao finalizar poderase visitar o showroom instalado na sala e gozar dun cóctel informal para os asistentes.
Máis información e inscricións nos seguientes enlaces:

Delegación de A Coruña, mércores 11 de febreiro
Delegación de Vigo, venres 13 de febreiro

Continuar lendo →

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies

Visítenos en FacebookVisítenos en Twitter