Arquivo para Abril 28th, 2014

Xunta Xeral extraordinaria 19 de xuño en A Coruña

A Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, na súa sesión 6/2014 de 23 de abril, celebrada en Santiago de Compostela, adoptou o ACORDO de convocar unha Xunta Xeral extraordinaria, a celebrar o vindeiro xoves 19 de xuño en A Coruña, no Auditorio da Fundación Barrié (Rúa Cantón Grande, 9), ás 17.00 e 17.30 horas, en primeira e segunda convocatoria respectivamente.
Continuar lendo →

Xunta Xeral Ordinaria e Extraordinaria. Santiago de Compostela

martes 27 de maio
ás 16.30 e 17.30 horas, en 1ª e 2ª convocatoria
Auditorio – Centro Galego de Arte Contemporánea
Rúa Ramón del Valle Inclán, 2 Continuar lendo →

Peche das oficinas colexiais o día 2 de maio

Posted by / 28th Abril 2014 / Categories: coag / Tags: , , / 0 Comments

Conforme ao acordado pola Xunta de Goberno, na súa sesión 6/2014, de 23 de abril, infórmase que o vindeiro venres 2 de maio todas as oficinas colexiais permanecerán pechadas. Deste xeito, e considerando que o 1 de maio é festividade de carácter xeral, pecharase o 2 de maio dentro do calendario laboral e de organización de vacacións e descansos organizado no Colexio. Continuar lendo →

Clase de José Fariña no Máster en Rexeneración Urbana e Rehabilitación

O próximo venres 2 de maio o Catedrático de Urbanismo da Escola de Arquitectura de Madrid José Fariña ofrecerá no Máster en Rexeneración Urbana e Rehabilitación unha clase á que están invitados a asistir todos os membros do COAG. Continuar lendo →

Restaurante llallas e taguín. Xinzo de Limia

Santiago Barge Ferreiros

Recíbese o encargo de realizar un restaurante na planta baixa dun edificio de vivendas situado na zona antiga de Xinzo de Limia (Ourense); debido á súa situación ao lado da igrexa trátase dun exercicio de respecto co lugar e composición coa edificación existente. Continuar lendo →

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies

Visítenos en FacebookVisítenos en Twitter