Alfonso Peiteado Carpinteiro
O obxectivo do proxecto é a construción dun centro de visitantes para o Castro Cidá de Borneiro, en Cabana de Bergantiños. Entendo o castro como un feito imaxinario, feito que conleva a necesidade de aproximación para poñerse en contacto con el, necesidade de evasión, illamento… distancia en definitiva. Preparación do visitante mentres percorre o camiño, mentres anda. O percorrido persegue mediar unha relación, reservando o tempo necesario para o encontro do home coa súa historia. Continuar lendo →
Comentarios recientes