Arquivo para marzo, 2014

PFC Centro de Visitantes da Cidá. Borneiro

Posted by / 31st marzo 2014 / Categories: coag, Proxectos / 0 Comments

Alfonso Peiteado Carpinteiro

O obxectivo do proxecto é a construción dun centro de visitantes para o Castro Cidá de Borneiro, en Cabana de Bergantiños. Entendo o castro como un feito imaxinario, feito que conleva a necesidade de aproximación para poñerse en contacto con el, necesidade de evasión, illamento… distancia en definitiva. Preparación do visitante mentres percorre o camiño, mentres anda. O percorrido persegue mediar unha relación, reservando o tempo necesario para o encontro do home coa súa historia. Continuar lendo →

Curso práctico ITE sobre a Ordenanza do Concello de Ourense

Posted by / 31st marzo 2014 / Categories: coag, Cursos, Delegación Ourense, Formación / Tags: , , / 1 Comment

Dende a delegación de Ourense do COAG convócase este curso práctico co fin de coñecer os criterios, procedementos e responsabilidades que como arquitectos teremos na elaboración das inspeccións técnicas de edificios, e para que todos os colexiados dispoñan do curso de formación requirido no convenio de colaboración asinado o 22 de outubro de 2013 entre o Excmo. Concello de Ourense e o COAG. O devandito curso celebrarase os días 10 e 11 do mes de abril, e o número de prazas está limitado a 50.

Para máis información e inscricións premer no seguinte enlace

Inspección Técnica de Edificios en Galicia. Relación de documentación

Continuar lendo →

Rehabilitación de vivienda en Príncipe. Vigo

Posted by / 28th marzo 2014 / Categories: coag, Proxectos / 0 Comments

María Gracia Amandi Joglar

Reforma interior e substitución de carpintarías en vivenda situada na cuarta planta dun edificio de principios do século XX. Continuar lendo →

Oferta de emprego. Arquitecto. A Coruña

Posted by / 28th marzo 2014 / Categories: coag, Emprego / 0 Comments

Búscase arquitecto para traballo en estudio Continuar lendo →

Oferta de emprego. Arquitecto. Galicia

Posted by / 28th marzo 2014 / Categories: coag, Emprego / 0 Comments

Requírese arquitecto para completar rede nacional para colaboración na realización de informes técnicos, valoracións, peritacións, certificacións enerxéticas… Continuar lendo →

Recuperación do Campo da Leña. A Coruña

Posted by / 27th marzo 2014 / Categories: coag, Proxectos / 0 Comments

Felipe Peña+Alejandro A. Blanco

O Campo da Leña é un conxunto de espazos públicos situados entre os dous barrios históricos centrais de A Coruña: a Cidade Vella e a Pescadería e paso obrigado destes a outro, popular e denso, Montealto. Continuar lendo →

Atención telefónica o día 31 de marzo

Posted by / 27th marzo 2014 / Categories: coag / 0 Comments

Debido ao aluguer das antigas oficinas centrais do COAG, comunicado na circular 12/2014, de 21 de marzo, o vindeiro luns 31 de marzo levarase a cabo unha reorganización nas oficinas centrais o que conlevará unha redución da capacidade de atención telefónica do Colexio, polo cal recoméndase o emprego de medios de comunicación telemáticos para contactar co Colexio. Anticípanse desculpas polas molestias e incidencias que isto poida ocasionar. Continuar lendo →

Curso Arquitectura e Educación: o espazo nas institucións educativas

Posted by / 26th marzo 2014 / Categories: coag, Cursos / 0 Comments

Curso Básico de Formación Continua sobre Arquitectura Educativa organizado polo grupo de investigación Esculca, pertencente á Facultade de Educación da Universidade de Santiago de Compostela. Prazo de preinscrición ata o 30 de marzo. Continuar lendo →

Taller de fotografía de arquitectura. Ferrol

Posted by / 26th marzo 2014 / Categories: Axenda, coag, Cursos / Tags: , , / 0 Comments

Aberto o prazo de inscricións para o taller de 15h que se desenvolverá durante os días 4, 5 e 6 de abril na Galería Sargadelos. Impartido polo fotógrafo Juan Rodríguez. Continuar lendo →

Herramienta de consulta. Deslinde de costas provincia de Lugo

Posted by / 26th marzo 2014 / Categories: coag, Urbanismo / 0 Comments

De conformidade co previsto na lexislación de costas, o Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente, leva a cabo o Plan de deslindes, tramitando e aprobando os expedientes que definen a liña de deslinde do Dominio Público Marítimo-Terrestre. Continuar lendo →

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies

Visítenos en FacebookVisítenos en Twitter