Arquivo para diciembre 10th, 2013

PFC Comunidad María del Mar. Retalhuleu. Guatemala

Posted by / 10th diciembre 2013 / Categories: coag, Proxectos / 0 Comments

Carmen Pérez Parapar

Guatemala ten unha historia recente convulsa, que foi dando forma ao longo do tempo á problemática actual. O conflito armado supuxo o punto de partida de décadas de abusos sistemáticos contra a poboación, con miles de vítimas mortais e desaparecidos. Formúlasenos resolver o asentamento para 71 familias rurais dun colectivo “sen terra”; a xénese do “lugar” como traballo, sustento, descanso e vida.

Continuar lendo →

Reforma Facultad Derecho. Campus Elviña. A Coruña

Posted by / 10th diciembre 2013 / Categories: coag, Proxectos / 0 Comments

Elena Sarmiento+Adrián Martín

O proxecto de Reforma da Facultade de Dereito non pode entenderse sen a transformación do espazo exterior levada a cabo. A escavación de dous pequenos patios para introducir luz nos novos espazos de planta baixa e primeira recollida en proxecto, dá paso durante a obra a un proceso de urbanización exterior que transcende os límites do propio edificio.

Continuar lendo →

A Cidade Intuida. Santiago de Compostela

Posted by / 10th diciembre 2013 / Categories: coag, Proxectos / 0 Comments

A Cidade Intuida foi unha reflexión colectiva sobre un futuro posible da cidade de Santiago que baseouse no traballo teórico e en equipo dunha serie de arquitectos para intuír as posibilidades da cidade cara o ano 2021. O traballo abordouse desde diferentes escalas, desde a cidade histórica e os barrios ata a do territorio rural de Santiago, os ríos, os camiños, os núcleos rurais.

Continuar lendo →

A Cidade dos Barrios. A Coruña

Posted by / 10th diciembre 2013 / Categories: coag, Proxectos / 0 Comments

Estudio MMASA+Ergosfera+Desescribir
+Pescadería 20+Grupo Dodó

O Proxecto A Cidade dos Barrios xurdiu como unha iniciativa de aproximación á cidadanía por parte do colectivo de arquitectos e durante o seu desenvolvemento foron revelándose mecanismos alternativos de planificación urbana e ordenación do territorio. Mediante o coñecemento exhaustivo das percepcións cidadás e o contacto directo cos residentes dos distintos barrios resultou posible localizar lugares e controversias especialmente importantes para os usuarios da cidade.

Continuar lendo →

Rehabilitación A Baña. Negreira

Posted by / 10th diciembre 2013 / Categories: coag, Proxectos / 0 Comments

Abalo Alonso Arquitectos

Actuamos con discreción; consolidamos os muros de granito, repoñemos a cuberta de tella e situamos un aseo adaptado. Saneamos, retacamos xuntas e pintamos de branco, con pintura ao cal, os muros de pedra pola súa cara interior. Entaboamos con madeira de iroco, tratada cunha man de lasur, tamén branco, algúns paramentos, coa intención de amabilizar as estanzas, integrar portas e parte das instalacións. Repoñemos a carpintaría exterior de madeira. Saneamos así mesmo parte das vigas, e reutilizámolas, na súa posición orixinal, como soporte da iluminación.

Continuar lendo →

Spanish Dream. Galicia

Posted by / 10th diciembre 2013 / Categories: coag, Proxectos / 0 Comments

Ana Amado Pazos+Luz Paz Agras
+Marta Marcos Maroño

Spanish Dream é un proxecto que propón unha reflexión crítica sobre a crise económica e as súas consecuencias. Na actualidade asistimos a unha situación que está a provocar graves desequilibrios económicos en todo o mundo. En España, en particular, esta circunstancia viuse acentuada pola famosa burbulla inmobiliaria.

Continuar lendo →

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies

Visítenos en FacebookVisítenos en Twitter